Basta de represión policial contra a mocidade!

policíaGaliza Nova denuncia a actuación policial desta mañá diante dunha manifestación estudantil en Vigo, que se saldou con cargas e agresións a estudantes, a maioría deles menores de idade, e coa detención de seis rapaces.

O abuso do poder policial contra a mocidade estase a converter nunha dinámica continua dentro da estratexia do goberno do PP, que xunto coa represión económica (como a que vimos de sufrir máis de 20 compañeir@s de Galiza Nova hai uns días na Coruña cando realizabamos un escracho á conselleira de Traballo) pretenden amedrentarnos e que non nos mobilicemos en defensa dos nosos dereitos.

Desde Galiza Nova queremos transmitir toda a nosa solidariedade co estudantado detido e agredido e denunciamos a actuación das forzas policiais que nos fan revivir o pleno franquismo.

Non nos pararán!