Ante o asasinato por violencia machista dunha muller que se recuperaba no Centro Hospitalario de Ourense das lesións por coiteladas recibidas no seu domicilio a mans do seu marido; desde Galiza Nova enviamos toda a nosa solidariedade á familia e amizades de Isabel Fuentes. Mais tamén esiximos responsabilidades políticas, da policía e da xustiza, pois como é posíbel que resulte acoitelada e asasinada  pola súa parella cando existían indicios previos de violencia machista?

Unha vez máis, esiximos ao goberno que active dunha vez os protocolos adecuados e realice campañas contra o silencio e a complicidade, promovendo a coeducación para avanzar cara a unha sociedade sen violencia e en igualdade.

Non perdoamos ao goberno os seus recortes en igualdade e en axudas ás vítimas do terrorismo machista. Por iso temos que continuar saíndo á rúa, para denunciar todo tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres e condenar as políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos até hoxe, deixando na indefensión ás mulleres vítimas da violencia machista.

Leave a Reply

Your email address will not be published.