BASTA DE VIOLENCIA MACHISTA

revAnte o asasinato machista de María Jiménez en Lugo, desde Galiza Nova queremos expresar toda a nosa solidariedade coa familia e amizades, e chamamos a participar das concentracións convocadas para visualizar a enérxica condena social á violencia machista.

O goberno ten que cesar de recortar en igualdade e en axudas ás vítimas do terrorismo machista. Temos que continuar saíndo á rúa para denunciar todo tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres e condenar políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos até hoxe, deixando na indefensión ás mulleres vítimas da violencia machista.

ACODE ÁS CONCENTRACIÓNS DE REPULSA POLA MULLER ASASINADA EN LUGO