Benvida República Catalana

Dende Galiza Nova saudamos e damos a benvida á proclamación da nova República Independente de Cataluña e o inicio do proceso constituínte cara a República Catalá. Hoxe o pobo catalán deu un novo paso adiante cara a súa liberdade proclamando a súa independencia.

Fronte un estado español irreformábel, que non respeita o dereito das nacións a existir, senón que busca eliminalas por completo fica claro que a única vía para mellorar as condicións de vida dos nosos pobos é a da ruptura, tanto en Catalunya coma na Galiza.

O réxime español emanado da ditadura franquista actúa coma un verdadeiro cárcere para os pobos, reprimindo e eliminando dereitos básicos civís, sociais e nacionais. No día de hoxe vivimos o maior golpe que recibiu na súa historia o réxime do 78. Tal e como o nacionalismo analizou acertadamente nos últimos anos este provén da loita dunha nación sen estado pola súa soberanía. Dende a Galiza debemos aproveitar a fenda que está a abrir e contribuír na loita contra este réxime antidemocrático mediante a loita pola nosa autodeterminación como pobo e combater a involución nos dereitos básicos que vai tratar de impoñer o réxime español cunha contrarreforma da constitución española.

Dende Galiza Nova seguiremos a loitar por liberarnos das cadeas que nos atan a este réxime antidemocrático español conquistando a independencia nacional da Galiza e a nosa plena liberdade.

VISCA LA TERRA LLIURE!

VIVA GALIZA CEIBE!