BNG denuncia no Parlamento os altos prezos dos billetes e falta de frecuencias de trens

R2A deputada do BNG Tereixa Paz criticou os prezos da liña entre Ourense e Santiago, 16,60 euros por viaxe cando unha viaxe con similar distancia entre Vigo e Santiago custa 11,10 euros así como as frecuencias estabelecidas.

Para a deputada, a cidadanía está a sacar “un escaso partido” a esta liña polo que pediu ao Goberno galego emprender unha ofensiva ante RENFE, Adif e o Goberno do Estado para que as infraestruturas viarias e os servizos ferroviarios cubran as necesidades de mobilidade das persoas reclamando novos horarios, máis frecuencias e prezos acaídos ás demandas de estudantes e traballador@s.

Desde galiza Nova vimos denunciando que milleiros de mozas e mozos atravesan unha verdadeira odisea para desprazarse ao seu posto laboral ou centro de estudos. A mocidade é un dos sectores máis afectados polo desleixo co que desde España tratan a Galiza, tamén no que ten a ver coas nosas comunicacións e redes de transporte.

Por iso esiximos máis frota, mais frecuencia, máis liñas e cercanías

Reivindicamos o poder de decisión para o pobo galego e gobernar desde a Galiza a nosa Terra, para pór o deseño e servizo de redes de transportes ao servizo da mocidade galega, estudantes, persoas con mobilidade reducida e, en xeral, ao conxunto da poboación galega.