Cuarto número do Boletín Internacional [Febreiro de 2015]

Boletín internacional de Galiza Nova nº 4

Xa está dispoñíbel o cuarto número do voceiro internacional que a nosa organización está a difundir, co obxectivo de dar a coñecer entre a mocidade doutros pobos do mundo as mobilizacións e loitas das mozas e mozos da Galiza.

Este novo número inclúe información sobre os obxectivos e análises políticas debatidas e aprobadas pola XIII Asemblea Nacional da nosa organización, e o noso compromiso e loita pola República da Galiza, así como unha análise sobre os ataques aos dereitos das mulleres, a folga estudantil do 26F e a gran manifestación en defensa da nosa lingua.

Premendo aquí podes velo a pantalla completa