Brais Diéguez reelixido responsábel en Monterrei

O pasado sábado 11 de febreiro, a Asemblea Comarcal de Galiza Nova Monterrei reelixiu por unanimidade a Brais Diéguez como Responsábel Comarcal. A renovación de responsabilidades prodúcese no marco do proceso posterior á XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar o pasado 26 de novembro en Compostela. Seguindo os Estatutos de Galiza Nova, despois de cada Asemblea Nacional, as comarcas deben renovar as responsabilidades.

Brais agradece á Asemblea a súa confianza e asume con ilusión esta nova e ilusionante etapa que se abre no BNG e no conxunto do nacionalismo galego.

Dende Galiza Nova Monterrei asumen como principais retos para este novo período afianzar a organización na zona, chegando a aqueles lugares desta gran comarca nos que non existe militancia; reforzar o traballo realizado no ámbito estudantil e continuar co realizado ata agora en outros campos, sobre todo dende a asamblea de mulleres que xa organizou varios coloquios e que nos próximos días lanzará una campaña contra o sexismo no entroido.

Tamén animaron a toda a mocidade de Monterrei e arredores a sumarse ao proxecto de Galiza Nova e do BNG, un proxecto transformador, aberto e o único capaz de realizar o cambio que o noso país precisa.

Leave a Reply

Your email address will not be published.