Torneo de Futbolín na Pobra do Caramiñal

Este venres 22 de decembro convidámoste a participar no Torneo de Futbolín que organiza Galiza Nova no Bar Gely’s (A Pobra do Caramiñal) ás 20:00h.

Dende Galiza Nova continuamos a demandar programas de lecer alternativos para a mocidade con espazos adaptados a ela: locais de ensaio, skateparks, espazos de deporte alternativos, buscando ao mesmo tempo rematar coa criminalización do ocio nocturno e a persecución do “botellón”.

Tamén apostamos pola potenciación do deporte fiminino en todos os ámbitos, así como polo dereito da nosa Nación a contar con seleccións deportivas propias, tanto femininas como masculinas, que representen o País en todas as disciplinas, a nivel oficial e internacional.

Agardámoste este venres na Pobra!

Para informarte das bases e inscribirte podes facelo premendo: AQUÍ