PROX DESENHOParticipa do certame de relato curto Construíndo Orgullo, que convoca a Comisión de Liberdades Sexuais e Diversidade de Xénero de Galiza Nova.

Achéganos os teus relatos sobre temáticas, feitos, circunstancias ou situacións relacionadas coas liberdades sexuais. O relato gañador está premiado cunha fin de semana para dúas persoas na casa rural de Vilaframil (Ribadeo). Ademais, o relato gañador e máis o finalista, serán publicados no semanario Sermos Galiza. O prazo remata o 17 de maio de 2016, Día da Letras Galegas e día Internacional contra a LGTBIfobia.

Estas son as bases e prazos:

1. Poderá concorrer ao certame calquera persoa menor de 30 anos.

2. Cada persoa poderá presentar un ou varios relatos, até un máximo de tres relatos por autoría.

3. Todas as obras deben ser escritas en lingua galega.

4. A obra gañadora e máis a finalista serán publicadas no semanario Sermos Galiza.

5. O relato gañador está premiado cunha fin de semana para dúas persoas na casa rural Benito de Vilaframil (Ribadeo), nunha data a convir co estabelecemento.

6. As obras aspirantes terán unha extensión máxima de 500 palabras, serán inéditas na súa totalidade e non premiadas noutros concursos. Deberán ser sobre temáticas, feitos, circunstancias ou situacións relacionadas con cuestións LGTBI.

7. As obras deben presentarse en formato pdf e baixo pseudónimo. Noutro documento figurarán os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos da persoa autora da obra; idade, enderezo electrónico e teléfono de contacto.

8.Os traballos deberanse enviar por correo electrónico a nacional@galizanova.gal, indicando no asunto: I certame de relato curto
Prazo de envío: até o 17 de maio de 2016, Día da Letras Galegas e día Internacional contra a LGTBIfobia.

9. Resolución do premiado: Un xurado que se dará a coñecer na páxina web de Galiza Nova elixirá o relato gañador. O relato gañador coñecerase o 4 de xuño en Pontevedra, nunha grande festa – concerto organizada por Galiza Nova en defensa das liberdades sexuais e do noso orgullo.

–  Galiza Nova presupón que as persoas concursantes son autoras dos relatos que presentan, e declina calquera responsabilidade respecto á infracción desta norma.

– Galiza Nova poderá difundir os relatos a concurso a través da web e redes sociais e resérvase o dereito de os publicar e reproducir, facendo mención ás persoas autoras destes.

– Todas as persoas participantes, polo feito de o seren, aceptan integramente estas Bases, así como a resolución de calquera problema non recollido nelas, que Galiza Nova estimar oportuno.

– O Xuri non aceptará a concurso materiais que incumpriren estas bases ou que foren ofensivos e/ou representaren valores contrarios aos promovidos por Galiza Nova. Así mesmo, o xuri resérvase o dereito de declarar o premio deserto se os traballos presentados non tiveren calidade suficiente.

Leave a Reply

Your email address will not be published.