“ MULLERES COMBATIVAS CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS”

Galiza Nova organiza un certame de relatos en galego sobre temática feminista e LGBT dirixido á mocidade de entre 14 e 30 anos. Os relatos gañadores premiaránse cun lote de libros en galego. O prazo para participar remata o 30 de novembro de 2020 e anunciarase o gañador en decembro.

BASES E PRAZOS DO CONCURSO

  • PARTICIPANTES
    • Poderán concorrer ao certame todas as mozas e mozos que o desexen con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos.
    • Cada participante poderá presentar un ou varios relatos curtos, até un máximo de tres relatos por autoría.
    • Todas as obras deberán estar escritas lingua galega.
  • OBRAS
    • A temática das obras terá como foco a defensa dos dereitos das mulleres e do colectivo LGBT e deberán estar escritas en galego.
    • As obras aspirantes terán unha extensión máxima de 500 palabras, serán inéditas e non premiadas noutros concursos.
    • A presentación das obras realizarase a través do correo electrónico do seguinte xeito:
    • As obras deben presentarse baixo pseudónimo, cubrindo o documento de presentación, no que constarán:
      • TÍTULO DA OBRA
      • NOME E APELIDOS DA AUTORÍA
      • IDADE
      • ENDEREZO ELECTRÓNICO
      • TELÉFONO DE CONTACTO.
    • Unha copia da obra ou obras en PDF.
    • Unha copia da obra ou obras en formato editable (doc. ou odt.)
  • PRESENTACIÓN

As obras presentaranse a enviando os documentos necesarios por correo electrónico a nacional@galizanova.gal, indicando no asunto: “NOME DO CONCURSO”, Certame de relato curto.

O prazo de presentación comeza coa publicación destas bases e remata o 30 de novembro de 2020.

  • XURADO
    • O Xurado do Certame estará conformado por un grupo de persoas relacionadas co mundo literario e co asociacionismo LGBT escollidas pola organización do concurso.  Ademais, farán parte do xurado unha  representante da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova e unha  representante da Asemblea LGBT de Galiza Nova.
    • O Xurado non admitirá no concurso aquelas obras que incumpran as bases ou que resulten ofensivos e/ou representen valores contrarios aos promovidos por Galiza Nova.
    • O Xurado resérvase o dereito a declarar o premio deserto se as obras presentadas non contaran coa calidade suficiente.
  • PREMIOS

As obras seleccionadas como gañadoras serán premiadas co que segue:

1º Premio.  Unha copia dos libros: Nxs, xs inadaptaxs da editorial Através e Feminismos de Olga Novo e María Reimóndez.

2º Premio. Unha copia dos libros: Nxs, xs inadaptaxs da editorial Através e Segredos no Solpor  de Iria Misa.

3º Premio. Unha copia dos libros: Nxs, xs inadaptaxs da editorial Através e 22 segundos de Eva Mejuto.

Ademais, todas aquelas obras que fiquen entre as 10 primeiras recibirán unha copia do libro publicado con todos os relatos.

  • RESOLUCIÓN DO CERTAME

Unha vez o xurado tome a súa decisión, as obras gañadoras daranse a coñecer na páxina web de Galiza Nova. No caso de que as restricións sanitarias o permitan, celebrarase unha entrega de premios presencial na cidade de Vigo.

  • DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira: Galiza Nova presupón que as persoas concursantes son autoras dos relatos que presentan e declina calquera responsabilidade respecto á infracción desta norma.

Segunda: Galiza Nova poderá difundir os relatos presentados ao concurso a través da web e redes sociais e resérvase o dereito a publicalas e reproducilas facendo mención ás persoas autoras dos mesmos.

Terceira: Todas as persoas participantes, polo feito de seren, aceptan íntegramente estas Bases, así como a resolución de calquera conflito non recollido nelas que Galiza Nova estime oportuno.

Podes descargar as bases do certame premendo aquí.

Leave a Reply

Your email address will not be published.