Chamamos ao boicot do evento Eurovisión 2019

Perante a convovatoria do concurso internacional “Eurovisión 2019” que vai ter hoxe lugar no estado de Israel queremos condenar públicamente o branqueamento que a comunidade internacional pretende levar ao cabo con este estado imperialista e xenocida, o cal leva máis de medio século de ataques indiscriminados contra o pobo palestino, lexítimos habitantes das terras onde se creou o estado de Israel.

Levamos moitos anos denunciando as prácticas de xenocidio aplicadas con dureza contra o pobo de Palestina, relegado hoxe a pequenos territorios, como a Franxa de Gaza, nos cales son atacados sen piedade polo exército israelí co silencio cómplice da Unión Europea e dos EEUU.

Hoxe non é un día de celebración, é un día de vergoña para Europa e o mundo e é un cravo máis no cadaleito do pobo palestino que continúa na loita pola súa soberanía, pola súa liberdade e pola súa vida.

Non podemos permitir que se premie e recoñeza a quen inclumple sistemáticamente os Dereitos Humanos. Hoxe chamamos ao boicot deste evento “Eurovisión 2019”.

Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, levamos anos denunciando a situación que vive o pobo palestino por mor dos incesantes ataques imperialistas que sufre. O dereitos dos pobos a decidir o seu propio camiño, e polo tanto a súa liberdade, son eixos fundamentais nos que toda sociedade que pretenda ser xusta debería pivotar.

É por isto que seguiremos apoiando a loita do pobo palestino por se liberar, e seguiremos condenando e denunciando os ataques xenocidas e imperialistas do estado sionista de israel e os seus aliados.

Non á ocupación criminal de Palestina!

Non ao branqueamento do estado xenocida de Israel!

Liberdade para os pobos! Palestina vencerá!

Leave a Reply

Your email address will not be published.