Chávez sempre. Homenaxe á revolución bolivariana en Vigo

unnamed1-e1393949669736Esta mañá participamos na presentación pública do acto e concerto de homenaxe a Hugo Chávez e á revolución bolivariana, organizado pola AGARB e que leva por título ‘Chávez Sempre’.

A homenaxe, organizada pola Asociación Galega de Amizade coa Revolución Bolivariana e apoiada polo Goberno Bolivariano de Venezuela, conta coa adhesión de diversas organizacións galegas, entre elas Galiza Nova, e coincide co aniversario do falecemento de Chávez. Terá lugar o vindeiro 15 de marzo ás 19 horas no Teatro García Barbón de Vigo e contará coas actuacións de Liska!, Ondas del Caribe, Os Tres Trebóns, Sés. Uxía e Sérgio Tannus e Zurrumalla.

Perante o intento de desastibilización do país e do golpe de estado alentado pola dereita e o ianki, chamamos á mocidade galega a participar desta homenaxe a Hugo Chávez e ao pobo de Venezuela, para transmitirlles apoio e forzas desde a Galiza e os nosos desexos de que o proceso revolucionario bolivariano e a construción da Patria Socialista continúe até a vitoria.

homenagemchavez