Coloquio: “A importancia da organización da mocidade galega” en Tui

No marco da campaña “Rebélate, organízate e loita”, a Asemblea Comarcal de Galiza Nova do Baixo Miño organiza o dia 17 de Novembro, ás 20:00 na Sala Cemit da Área Panorámica de Tui un coloquio formativo con Xabier Pérez Igrexas, activista sindical e exmilitante de Galiza Nova, baixo o título de “A mocidade galega. Importancia da organización“.

Neste acto buscamos analizar o porqué da organización da mocidade baixo o ideario nacionalista, e a necesidade de que tomemos parte na loita pola contrucción dunha Galiza na que a mocidade non se vexa explotada, forzada a emigración e teña posibilidade de encontrar un futuro digno e na terra.