Coloquio con Hassanna Aalia en Mondariz

hassana-mondariz-webhassana-mondarizA Biblioteca de Mondariz acollerá este domingo 16 de outubro un coloquio co mozo activista e refuxiado saharaui, Hassana Aalia, quen falará da situación nos territorios ocupados do Sahara Occidental. O acto, organizado polo BNG e as súas mocidades, Galiza Nova, será ás 18:30 horas e intervirá tamén Maite Isla, presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui – SOGAPS.

En outubro de 2010, Hassana tomou parte no campamento Gdeim Izik, denominado o campamento da dignidade, unha acción de protesta en defensa dos dereitos humanos do pobo saharauí e contra a ocupación marroquí. Tras ser atacado e desmantelado o campamento, Hassanna foi xulgado e condenado por rebeldía a cadea perpetua xunto con outros 24 compañeiros e compañeiras.

O estado español pretendeu denegarlle a petición de asilo político, mais o mozo presentou un recurso xudicial que ven de ser admitido a trámite. Hassanna Aalia dará conta neste coloquio da situación que viviu nestes últimos anos.