Coloquio con Hassanna Aalia, martes 3 na Fac. de Filosofía, Compostela

Hassana_web

España denega asilo político a Hassana Aalia, mozo da Fronte Polisario, por defender a soberanía do seu pobo, e quere devolvelo aos seus torturadores en Marrocos #AsiloParaHassana

Este martes conversaremos nun acto aberto con Hassana Aalia e Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova, na facultade de Filosofía en Compostela, ás 19.30 horas.

En outubro de 2010, Hassana tomou parte no campamento Gdeim Izik, unha acción de protesta en defensa dos dereitos humanos do pobo saharauí e contra a ocupación marroquí. Após ser atacado e desmantelado o campamento, Hassanna foi xulgado e condenado por rebeldía xunto con outr@s 24 compañeir@s. Actualmente reside en Euskal Herria, mais ven de recibir unha notificación do estado español na que se lle denega a petición de asilo político. Nela, indícaselle que dispón de 15 días para abandonar o estado español. Se regresa a El Aaiún, executarase a sentenza de cadea perpetua emitida no 2013 polo tribunal militar de Rabat pola súa participación nas protestas do campamento de Gdeim Izik.

Sáhara hurra, viva Galiza ceibe!