Coloquio en Compostela sobre a revolución Cubana

acto-revolucion-cubana-compostela-5O vindeiro xoves 22 de decembro teremos na cidade de Compostela un coloquio onde falaremos sobre a Revolución Cubana e o legado de Fidel Castro tralo seu pasamento. Profundaremos no seu contributo ás loitas de liberación nacional e anticoloniais na segunda metade do século XX e na necesidade de soberanía dos pobos.

Contaremos coa presenza de Valentín Alvite, Presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, con Duarte Correa, profesor e sindicalista e Elba Casal, Responsábel Comarcal de Comunicación Galiza Nova en Compostela.

Agardámoste este xoves 22 ás 20h no SCQ Bar (r/ das Orfas, 2).

Viva a revolución cubana!