Coloquio na Guarda “Importancia das etiquetas no colectivo LGBT”

Este Sábado, día 22 de Xuño, na Guarda, con motivo do mes do Orgullo, a Asamblea LGBT de Galiza Nova no Baixo Miño, organiza un coloquio baixo o título “Importancia das etiquetas no colectivo LGBT” da man de Iria Carreira, responsable nacional da Asamblea LGBT de Galiza Nova.

A norma imposta nun inicio fainos caer no medo máis absoluto. As mozas que con ese temor descubrimos que eramos aquilo que xamáis pensamos nomear, fixemos destes termos, un símbolo de empoderamento e luita.

As etiquetas dentro do colectivo LGBT xorden da necesidade de nomear unha realidade silenciada pendente de normalizar.

Neste coloquio afondaremos no papel que desenvolven estas etiquetas como ferramentas contra a opresión da cisheteronorma e conversaremos sobre como evitar caer nun discurso baleiro de contido político.