Coloquio sobre a cultura da violación en Lugo

Mañá, 20 de febreiro ás 19:30, as compañeiras da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Lugo e o BNG de Lugo organizan unha palestra no C.S. Uxío Novoneyra sobre a cultura da violación na que intervirán Olalla Rodil, xornalista, deputada no parlamento galego e integrante da Dirección Nacional de Galiza Nova e Iria Fernández, mestra de educación infantil e militante do BNG.

Nesta palestra, englobada nos faladoiros feministas que o BNG e Galiza Nova levan organizando na cidade de Lugo desde fai máis dun ano, abordaremos a influencia da Cultura da Violación desde a infancia ata a idade adulta e como inflúen a educación e os medios de comunicación en nós, provocando que potenciemos ou reproduzamos patróns de comportamento tóxicos que adquirimos incoscientemente durante as nosas vidas.

Desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova temos sempre un forte compromiso de loita contra as opresións que sufrimos as mozas galegas polo feito de ser mulleres, de estar na etapa da xuventude e de ser vivir nunha nación asoballada e queremos seguir formándonos para adquirir as ferramentas que nos permitan facerlle fronte ao patriarcado. Por isto agardámosvos este mércores no Uxío Novoneyra e o domingo 3 de Marzo nas rúas de Lugo na defensa dunha Galiza feminista!