Coloquio sobre a vaga de lumes e proxección de “Cinzas” en Vigo

Este venres 20 de outubro dende Galiza Nova organizamos no bar Batallón na cidade de Vigo un acto sobre a situación actual logo da catastrófica vaga de lumes da semana pasada, a peor dos últimos anos no noso país, especialmente no arredor da cidade olívica.

Pretendemos con este acto analizar as consecuencias dos incendios forestais no noso país, mais sobre todo as súas causas, pois consideramos necesario que non se repitan estas situacións na Galiza, para o que é necesario cambiar o modelo forestal actual e rematar coa eucaliptización do noso monte.

Para isto contaremos coa proxección do documental Cinzas, que será presentado pola súa directora Clara Bells, así coma coas intervencións nunha chave política e analítica respectivamente do Responsábel de Organización de Galiza Nova Vigo Brais Ferreiro e Xan Colazo, membro da Xunta Rectora da Comunidade de montes de Candeán.

#LumesNuncaMáis