COLOQUIO SOBRE A VAGA DE LUMES EN BETANZOS

Este 2 de novembro ás 20:00h desde Galiza Nova organizamos na Sala azul do Liceo en Betanzos, un acto sobre a situación actual logo da catastrófica vaga de lumes da semana pasada, a peor dos últimos anos no noso país.

Pretendemos con este acto analizar as consecuencias dos incendios forestais no noso país, mais sobre todo as súas causas, pois consideramos necesario que non se repitan estas situacións na Galiza, para o que é necesario cambiar o modelo forestal actual e rematar coa eucaliptización do noso monte.

Para isto contaremos coa proxección do documental Cinzas, que será presentado pola súa directora Clara Bells, así coma a intervención nunha chave política e analítica de Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova.

#LumesNuncaMáis