Coloquio sobre a vaga de lumes en Monforte

Este mércores  25 de outubro ás 19:30h dende Galiza Nova organizamos no Centro do Viño en Monforte, un acto sobre a situación actual logo da catastrófica vaga de lumes da semana pasada, a peor dos últimos anos no noso país.

Pretendemos con este acto analizar as consecuencias dos incendios forestais no noso país, mais sobre todo as súas causas, pois consideramos necesario que non se repitan estas situacións na Galiza, para o que é necesario cambiar o modelo forestal actual e rematar coa eucaliptización do noso monte.

Para isto contaremos coa proxección do documental Cinzas, que será presentado pola súa directora Clara Bells, así coma a intervención nunha chave política e analítica de Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova.

#LumesNuncaMáis

Leave a Reply

Your email address will not be published.