Coloquio sobre as mulleres na música en Ponteareas

Este xoves 7 de marzo ás 20:00h estaremos falando na sala multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas con Rocío Barreiro, responsábel comarcal da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, Carmen Pérez André, educadora social e Alba Pino Gregares, estudante de música; nun coloquio que leva por título “O feminismo, unha cuestión de clase. Unha ollada dende a música”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas en todos os eidos da vida, e como é neste caso, no musical. Por esa razón e tras a grande acollida e demanda que teñen este tipo de actos, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo en cidades e vilas de todo o país.

Leave a Reply

Your email address will not be published.