como nace o 8 de marzo?

l2

Pintura de Leandro Lamas

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, achegámosche información sobre o xurdimento e significado desta data de loita feminista. Nela, debemos lembrar a labor realizada polas nosas precursoras e todos os sucesos que motivaron a súa conmemoración. Por este motivo, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, consideramos acaído realizar un breve repaso pola historia desta data tan importante para as mulleres.

A historiografía occidental oficial tentou suprimir as referencias históricas vinculadas ao movemento comunista internacional. Varias historiadoras sosteñen que os mitos creados arredor desta data respondían á intención de eliminar o acontecido o 8 de marzo de 1917 en Rusia (23 de febreiro no calendario ruso). É por iso que vinculan a celebración dese día cos acontecementos que supostamente tiveron lugar en 1908, cando 129 mulleres constureiras da fábrica Sirtwood Cotton de New York morreron queimadas no seu lugar de traballo, e nunha manifestación, as traballadoras do sector téxtil denuncuarion esta situación e reclamaron melloras laborais. Outros estudos indicaron que o citado incendio foi o 25 de marzo de 1911 nunha das fábricas da compañía Triangle Shirtwaist e que a manifestación tivo lugar o 27 de setembro de 1909.

O que se pode observar nesta breve análise das orixes do 8 de marzo, logo dun percorrido de case 100 anos, as nosas reivindicacións seguen a ser as mesmas: igualdade nas condicións laborais, no acceso aos postos de traballo, no acceso aos postos de toma de decisións, etc. .

 

1909

O último domingo de 1909, as mulleres socialistas proclamaban en EEUU o primeiro Día Internacional da Muller. Realizaron multitudinarias manifestacións nas que reclamaban e defendían os seus dereitos políticos e económicos.

1910

O último domingo de 1910, novamente a través de numerosas manifestacións, pretendíase espertar á clase traballadora e denunciar a situación laboral á que se vían sometidas as mulleres.

Durante a II Conferencia das Mulleres Socialistas, adoptouse o 19 de marzo a proposta de Clara Zetkin, líder do movemento de mulleres socialistas, para a conmemoración do Día Internacional da Muller.

1917

A Revolución Rusa de 1917 consolida a data do 8 de marzo, que celebramos actualmente. Neste día, as mulleres amotináronse pola falta de alimentos e pola paz a través da convocatoria de manifestacións masivas.

1977

A ONU adopta unha resolución pola que convida a todos os países a consagrar un día a celebración dos dereitos das mulleres e da paz internacional. O 8 de marzo convértese nese día.

Leave a Reply

Your email address will not be published.