Desde Galiza Nova queremos amosar a nosa solidariedade coa familia e amizades da moza que vén de quitarse a vida este fin de semana en Rois.

Do mesmo xeito, expresamos a repulsa máis enérxica a todo o acoso e a LGBTfobia que esta muller padeceu e que rematou por afectar dun xeito tan severo á súa saúde mental. A LGBTfobia é un crime de odio, e como tal debe ser considerado. Toda forma de violencia cara a nosa orientación sexual ou contra a nosa identidade de xénero debe ser combatida para erradicala desta sociedade. 

Desde Galiza Nova continuaremos a traballar na procura de construír unha Galiza diversa, libre de violencias e opresións, na que poidamos desfrutar tranquilamente a nosa orientación sexual e a nosa identidade de xénero. 

Contra a LGBTfobia, nin un paso atrás!

Leave a Reply

Your email address will not be published.