Comunicado perante a agresión fascista ocorrida en Ferrol

Hoxe vimos de coñecer a brutal agresión sufrida por un militante independentista, en Ferrol, a mans dun grupo de fascistas durante a noite do pasado día 7.

Dende Galiza Nova denunciamos e rexeitamos a agresión e denunciamos a impunidade coa que actúan estes grupúsculos, avivados polos medios de comunicación do estado español, co seu discurso ultraespañolista e propagador do odio ao diferente. Todo o noso apoio á persoa agredida polo fascismo en Ferrol, así como o fixo todo o nacionalismo galego organizado co noso compañeiro agredido vai uns meses na cidade de Pontevedra.

O nacionalismo e o indepentismo galego témolo claro, o único camiño é a ruptura do estado español, a creación dunha República Galega ao servizo das clases populares galegas. Desde Galiza Nova traballamos pola construción desta República Galega, social e democrática, que desterre o fascismo das nosas vilas, cidades e rúas, unha República Galega onde polo simple motivo de levar camisola coa bandeira da liberación da Galiza, non che den unha malleira pola rúa. Organicemos o antifascismo galego, construamos un futuro mellor para a nosa terra. Por nós e para nós, República Galega