Concentracións contra o lume

Ante a total incompetencia da Xunta de Galiza fronte os lumes que estan queimando os nosos montes durante esta fin de semana, chegando ata a poboación en boa parte da comarca de Vigo e provocando evacuacións de urxencia nelas.

As razóns destes lumes son puramente económicas, pois ao modelo forestal de eucaliptización que defende o PP en connivencia con ENCE interésalle eliminar toda a diversidade do monte galego e enfocalo unicamente a un monocultivo de eucalipto, unha especie pirófila que non sufre apenas danos ao arder, a diferenza das árbores autóctonas do noso país.

As políticas de prevención dos incencios forestais por parte da Xunta foron practicamente inexistentes ao longo do ano, téndose recortado dunha maneira moi importante o orzamento para estas cuestións dende que chegou o PP ao goberno, polo que cada ano son unha constante as vagas de lumes no noso país.

É por iso que se convocan concentracións de urxencia nas principais vilas do país, e irán confirmándose máis nas próximas horas. Por unhas verdadeiras políticas de prevención, na defensa do noso monte.

Lumes Nunca Máis!

[Información actualizada ás 11:43h]