Concentracións de solidariedade coa Venezuela bolivariana

Perante ao intento golpista do goberno ianqui e da dereita sobre a Venzuela, Galiza Nova chama á mocidade galega a participar das concentracións de solidariedade coa revolución bolivariana que terán lugar:

-Vigo: martes 17 ás 20hs na Farola de Urzáiz.

– Compostela: xoves 19 ás 20.30hs no Toral.

-Vigo: venres 20 ás 20hs diante do Consulado de Venzuela.

O noso compromiso estivo e estará sempre cos pobos que loitan pola independencia e a soberanía como ocorre en Venezuela desde o trunfo do Comandante Hugo Chávez.

Os aliados do imperialismo e a oligarquía transnacional veñen desenvolvendo todo tipo de estratexias e malas armas para desestabilizar o proxecto político que representa o movemento bolivariano tanto para Venezuela como para o conxunto de América Latina. Unha tarefa para a que encontraron aliados tamén no propio país.

Non obstante, estamos seguras de que ningún plan escuro e vil poderá coa forza dun pobo que loita, conscientemente, pola súa dignidade e liberdade.

Temos a certeza de que o proceso revolucionario bolivariano e a construción da Patria Socialista é imparábel.