Concentracións en defensa da sanidade pública

Desde Galiza Nova chamamos a mocidade galega a participar das concentracións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública en defensa da sanidade pública galega e en contra do proxecto do PP de modificar a Lei Galega de Saúde, que afonda no desmantelamento e na privatización do Sistema Sanitario Publico Galego.

Este proxecto desmantela os hospitais comarcais  de varias áreas sanitarias, coma as do Salnés, Valdeorras e A Mariña, dificultando o acceso á asistencia especializada da poboación rural e recentraliza o control da Conselleria de Sanidade, sobre a atención da saúde.

Polo tanto, este novo proxecto de lei non busca senón precarizar ao máximo o Servizo Galego de Saúde favorecendo os intereses da empresa privada en forma de seguros privados de saúde e clínicas privadas.

Estas son as concentracións convocadas nas principais vilas para amosar rexeitamento contra este proxecto e ao mesmo tempo socializar a convocatoria de manifestación nacional para o vindeiro 4 de febreiro en Compostela.

A Coruña – Diante do Obelisco – 20.00

Ribeira – Praza do Concello – 20.30

Ferrol – Praza de España – 19.30

Compostela – Praza do Toural – 20.00

Burela – Hospital da Costa – 12.00

Lugo – Entrada do HULA – 11.30

Monforte de Lemos – Hospital de Monforte – 12.00

O Barco de Valdeorras – Praza do Concello – 20.00

Ourense – Praza Maior – 20.00

Vilagarcía de Arousa – Hospital do Salnés – 12.30

Pontevedra – Praza da Peregrina – 20.30

Vigo – Diante do PAC de Vigo – 20.00

Leave a Reply

Your email address will not be published.