Concerto polo Monte Pindo nas Xornadas de Verán!

BANNER CONCERTONon vos perdades o concerto do sábado na XXIV edición das Xornadas de Verán de Galiza Nova! Este ano, non só haberá roteiros, charlas, homenaxes, senón que a festa e o lecer serán dúas constantes! Se o venres se afinarán as voces para poder cantar no Galeoke, o sábado tocaralle o turno á música galega con dous grupos con moitas gañas de facer saltar á xente.

Os Tres Trebóns e o Xurxo Souto estarán nas Xornadas… e ti?

Por unha banda contamos con Tanto nos Ten, un grupo local que dará moito que falar e os coñecidos Os Tres Trebóns. A partir das 23:30h na Praza Verde de Carnota, todas/os estaremos no “Concerto polo Monte Pindo”, reivindicando desta vez dunha forma máis lúdica melloras nas políticas forestais e pedindo respostas ás/aos responsábeis desta catástrofe!

Se aínda non estás anotad@ para participar nas Xornadas de Verán… non o dúbides!

Ver programa completo!