Concerto de SonDaRúa en Compostela

Un ano mais queremos abrir o curso con forza, reivindicando a Galiza como nación e loitando pola soberania do noso pobo. Por isto, o vindeiro xoves día 21, teremos en Compostela a SonDaRúa, grupo emerxente da música galega, que co seu rap reivindicativo e de crítica social gañou a III edición do Concurso Novos Valores do Festigal.

Arrinca o inicio do novo curso e en Galiza Nova e no BNG continuamos loitando por unha Galiza ceive e popular. Agardámoste o xoves 21 ás 23:30h para cantar e desfrutar con SonDaRúa no exterior do Pub Avante.

*En caso de choiva, o concerto terá lugar no interior do Pub Avante.

Leave a Reply

Your email address will not be published.