Coñecer a Lei Mordaza para combatela

Galiza Nova Formacion nå¼1_2_2

España ven de aprobar a Lei Mordaza, que comezará a aplicarse a partir do 1 de xullo para tentar calar a mocidade galega e a contestación social. O BNG e Galiza Nova mobilizámonos contra esta lei e votamos en contra dela no Congreso porque consagra o estado policial co obxectivo de silenciar e amordazar a crítica, denuncia e mobilización social. Pretenden reprimir o movemento e a política rupturista que exercemos @s nacionalistas.

A súa lexislación, a súa Lei de Seguridade Cidadá, a súa Constitución… é a nosa mordaza

Algunhas das novas sancións que incorpora a Lei Mordaza:

Participar en reunións ou manifestacións non comunicadas, en instalacións ou inmediacións de espazos coma campus universitarios e hospitais: até 600.000€

Asemblea en espazo público: de 100 a 600€

Tentar impedir un desafiuzamento: de 600 a 30.000€

Gravar a policía: de 600 a 30.000€

Desobediencia á policía e forzas do estado: de 600 a 30.000€

Ocupar unha sucursal bancaria: de 600 a 30.000€

Non finalizar unha manifestación se o esixe a policía: de 600 a 30.000€

Estar dentro dun espazo ocupado (centro social okupado etc): de 100 a 600€

Manifestarse perante o Parlamento Galego, o Congreso ou Senados españois: até 600.000€

Legalízanse as listas negras de manifestantes, militantes nacionalistas, activistas, sindicalistas, feministas, estudantes, xornalistas… (sempre estivemos nas listas negras, mais agora serán legais!!)

Taxa xudicial para recorrer a sanción económica e administrativa: depende da contía da multa
Legalización das denominadas devolucións en quente de inmigrantes para impedir o seu paso ao estado español.

Rebélate, organízate, failles frente!
ÚNETE A GALIZA NOVA pola #RepúblicaGZ

Leave a Reply

Your email address will not be published.