Contra a propaganda de Celulosas. Ence fóra para sempre!

enceComo xa fixo en numerosas ocasións o complexo ENCE-Elnosa trata de permanecer na Ría de Pontevedra mercando a opinión pública investindo inxentes cantidades de diñeiro en campañas propagandísticas. Conscientes de que as mobilizacións populares poden obrigalos a abandonar a súa localización actual, tentan tapar os enormes danos que a permanencia do com
plexo produce á nosa ría e o noso monte (malos cheiros, destrución do sector marisqueiro e turístico da zona: vertendo mercurio e eliminando as praias, monocultivo de eucalipto fav
orecendo os incendios forestais, etc.)

Baixo a escusa do desemprego chantaxean á veciñanza e empregan aos traballadores para realizar estas campañas como a do Comité de Empresa de Elnosa que culpa directamente ao Concello de Pontevedra, aínda que afunda os sectores produtivos básicos da Ría que xerarían moito máis emprego do que ENCE. Ademais de arrendar numerosos baixos desocupados da cidade de Pontevedra para situar neles publicidade, evitando tamén a dinamización destes espazos e a xeración de actividade económica, mercan a prensa difundindo informacións falsas coma o cese da contaminación e os cheiros posto que os seus directivos recoñeceron que prefiren gastar o diñeiro en lavados de cara mediáticos que no traslado da factoría.

Galiza Nova denuncia a tentativa de lavado de cara que unicamente persegue a renovación das licencias para que ENCE siga sen trasladarse e o conseguinte beneficio económico para os seus directivos.

Ence-fora_logo-GIF