Contra a represión do Estado solidariedade entre os pobos

Vimos de coñecer no día de hoxe a prórroga da inhabilitación de Arnaldo Otegi para a ocupación de cargos públicos por parte do Tribunal Supremo da Xustiza Española. Esta inhabilitación, ao igual que a súa condena a prisión responde unicamente a fins políticos do sistema, que quere evitar por todos os medios que Otegi poida presentarse a unhas eleccións ante o previsíbel avance das posicións independentistas e de esquerda en Euskal Herria.

Ante esta situación dende Galiza Nova rexeitamos rotundamente a actuación da xustiza española, que tal e como estamos a ver estes días coa persecución de toda persoa que participa no proceso de Catalunya cara a súa independencia, así coma tamén do movemento nacionalista na Galiza, ten como principal obxectivo preservar a artificial unidade actual do Estado Español.

Fronte a represión temos claro que tanto en Euskal Herria, en Catalunya e na Galiza, seguiremos a loitar pola nosa liberdade.