Contra a transfobia de Hazte Oír

Perante a visita inesperada do autobús de Hazte Oír na capital do noso país, desde Galiza Nova chamamos á mocidade a participar da concentración convocada na Praza 8 de Marzo ás 20.00h en Compostela.

Está mañá, en canto se soubo da chegada do autobús, varias ducias de mozas e mozos achegámonos a mostrar o rexeitamento máis absoluto á súa transfobia. Finalmente o autobús non puido circular polas rúas de Compostela e os dirixentes de Hazte Oír tiveron que desprazarse a pé pola cidade. Durante este percorrido acompañámolos deixándolles claro que na Galiza non hai oco para a súa transfobia.

Por iso chamamos a toda a sociedade galega a se manifestar no día de hoxe contra Hazte Oír na concentración convocada por diversos colectivos LGTB do noso país.

A mocidade de Galiza Nova non imos permitir que organizacións coma Hazte Oír sementen o seu odio nas nosas rúas. Continuamos a esixir a retirada inmediata da circulación deste autobús e a ilegalización desta organización por fomentar a discriminación e o odio por cuestión de identidade de xénero.

CONTRA A TRANSFOBIA NIN UN PASO ATRÁS!