Contra o imperialismo en Venezuela

No día de hoxe vimos de asistir a un novo golpe de estado en latinoamérica por parte do imperialismo. Na Venezuela o líder opositor Juan Guaidó, vén de autoproclamarse presidente interino fronte a Nicolás Maduro, que foi elixido presidente mediante unhas eleccións democráticas.

Logo de manifestacións violentas por parte da oposición que se saldaron con vitimas mortais, numerosos líderes imperialistas tales como Trump ou Bolsonaro apoiaron o golpe militar, e mesmo os Estados Unidos ameazaron ao goberno lexítimo da Venezuela cunha invasión militar se non aceptan o novo marco.

Estamos pois, ante unha nova agresión imperialista, nun contexto no que a ultradereita e as posicións máis reaccionarias están a avanzar en Latinoamérica e no mundo. Venezuela é o símbolo dos pobos que loitan pola súa liberdade e soberanía, algo que o capital non está disposto a permitir, é por iso que dende os grandes poderes económicos transnacionais se impulsou este golpe de estado para derrubar o goberno de Maduro, lexítimo e escollido democraticamente.

Dende Galiza Nova apoiamos o goberno lexítimo e democrático de Venezuela, responsábel da época de grandes avances que viviu o país dende o comezo da Revolución Bolivariana, defendendo a soberanía e a liberdade do pobo venezuelano fronte as inxerencias do imperialismo norteamericano.

Galiza con Venezuela!
Antiimperialistas sempre!

Leave a Reply

Your email address will not be published.