INSUBMISAS E REBELDES! LOITEMOS POR UNHA GALIZA FEMINISTA!
Galiza Nova estreou na rede o documental gravado na Costa da Morte, titulado “Costa das mulleres” e que presentaron o pasado 8 de marzo, e que están levando por todos os concellos da Costa da Morte.
Convídannos a unha reflexión colectiva sobre o pasado, presente e futuro da muller traballadora. Co ánimo de compartir e ilustrar dun xeito cru a verdadeira aventura de ser muller e traballar na Galiza, lidiando co desemprego, a precariedade, a discriminación salarial, a imposibilidade de conciliar traxectoria laboral con coidado de familiares dependentes, a falta de apoio institucional…

Atopámonos nun mundo que o patriarcado deseñou para que a muller sexa man de obra barata e coide da casa e da familia. Chegou a hora de rematar co patriarcado, MUDÉMOLO TODO!

Leave a Reply

Your email address will not be published.