CRÓNICA DA XV ASEMBLEA NACIONAL

A XV Asemblea Nacional de Galiza Nova decidiu reelixir este sábado a Alberte Fernández Silva como Secretario Xeral co 94,4% dos votos a favor. A candidatura presentada á Dirección Nacional, integrada por 50 mozas e mozos, foi elaborada desde as bases e de maneira plural, contando con máis mulleres que homes.

O encontro caracterizouse polo compañeirismo e polo debate para mellorar o traballo e o activismo da organización xuvenil do BNG. O exercicio da autocrítica, detectando os erros e pondo en valor os acertos, desenvolveuse durante a sesión da mañá, finalizando coa aprobación por unanimidade do informe político da Dirección Nacional.

Xa pola tarde, houbo un amplo confronto de ideas para definir entre todas a nova estratexia xuvenil nacionalista. Neste sentido, as teses foron aprobadas por unanimidade. A través delas, Galiza Nova analiza a situación da mocidade galega, detectando as causas e culpábeis (sistema capitalista e sometemento de Galiza polo réxime español) e dotouse para os vindeiros anos dunha nova estratexia xuvenil nacionalista e un proxecto para unha acción política e social revolucionaria en favor da independencia de Galiza e da conquista dun futuro digno para a mocidade, con traballo, dereitos sociais e liberdades, e das alternativas programáticas que a mocidade de hoxe precisa nas vilas e cidades, no ensino, para a creación de traballo digno e na terra, para a superación do machismo e do heteropatriarcado.

A estratexia aprobada reafirma a Galiza Nova como ferramenta chave para aglutinar a mocidade, ampliar a conciencia nacional das persoas máis novas e proporcionarlles unha organización útil para defenderse, plural, aberta e unitaria, ao tempo que marca coma imprescindíbel dinamizar e axilizar a estrutura da organización, aumentar o activismo e o traballo social e político en todas as frontes. Nesta liña tamén se destaca como fundamental relacionar os problemas e intereses diarios da mocidade galega co ideario nacionalista, onde se atopa a resposta a todos eles.

Logo dun debate rico grazas á masiva participación de militantes e simpatizantes de Galiza Nova, Alberte Fernández afirmou na clausura da Asemblea Nacional que “o nacionalismo é a alternativa para os problemas do día a día da mocidade galega”. Galiza Nova comeza unha nova etapa, na que se marca como obxectivo relanzar o BNG entre a mocidade. Na súa intervención na sesión de clausura, Fernández Silva recoñeceu que Galiza Nova representa o proxecto do nacionalismo xuvenil para a mocidade galega de hoxe, un proxecto vivo e colectivo para construír unha Galiza para a mocidade, onde o traballo digno sexa unha realidade e a emigración cousa do pasado.

DIRECCIÓN NACIONAL DE GALIZA NOVA

A nova Dirección Nacional electa (co 99,4% dos votos a favor) conxuga militancia con experiencia na loita e activismo con ampla renovación mais tamén aproveitando a experiencia adquirida neste período.  As 9 primeiras persoas forman parte da Comisión Permanente de Galiza Nova.

  1. Alberte Fernández. Actual Secretario Xeral de Galiza Nova. Pontevedrés, 25 anos, graduado en Historia e especializado en Historia Contemporánea. Participou no movemento estudantil nacionalista a través dos Comités e a Liga Estudantil Galega. É integrante do Consello Comarcal e do Consello Nacional do BNG.
  2. Claudia Quintela, Graduada en Filosofía. Actual Responsábel de Organización. Participou do movemento estudantil cos Comités e Erguer. Estudantes da Galiza, facendo parte dos seus organismos nacionais.
  3. Alexandre Louzao, Santiago de Compostela. Enxeñeiro industrial. Participou activamente no movemento estudantil a través dos Comités.
  4. Navia Rivas De Castro, Doutoranda en filosofía. Integrante do Consello Nacional do BNG.
  5. Anxo Núñez Fernández, Estudante de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. Actual Responsábel Local do BNG en Outes.
  6. Iria Carreira Pazos, Arzúa. Médica e activista no movemento feminista.
  7. Paulo Ríos Santomé (Kai), Moaña. Cociñeiro de profesión e estudante de Socioloxía , actualmente é concelleiro do BNG en Moaña.
  8. Lucía Veciño Souto, Graduada en Historia e especializada en estudos de Xénero.
  9. Daniel Castro García, Estudante de Filoloxía Galega na USC e graduado en Linguas Estranxeiras pola UVigo. Foi activista no movemento estudantil cos Comités e actualmente fai parte da Executiva Comarcal do BNG.
  10. Iria Buíde, Lugo.
  11. Martín Agrelo Janza, Pontevedra-Caldas.
  12. Uxía Couto Escobar, Pontevedra-Caldas.
  13. Miguel Bouzó Rodríguez, O Condado.
  14. Rebeca Cambeiro Graña, Compostela.
  15. André Vidal Capçon, Baixo Miño.
  16. Marta Gómez Martín, Pontevedra-Caldas.
  17. Alberte Calo, Compostela
  18. David Neira Caridad, A Coruña.
  19. Claudia Rivera Rivas, Pontevedra-Caldas.
  20. Alexandre Garrido López, Compostela.
  21. María Bará Louro, Pontevedra-Caldas.
  22. Marcos Vilamor Pérez, Compostela.
  23. Olalla Rodil Fernández, Lugo.

Estiveron presentes as seguintes organizacións xuvenís internacionais:

EFAy

Gazte Abertzaleak (Euskal Herria)

Jovent Republicá (Catalunya)

Joves PV (País Valenciá)

Juventude Comunista Portuguesa (Portugal)

Juventude do Bloco de Esquerda (Portugal)

La Forja (Catalunya)

Saúdos recibidos:

Curuxa Feminista

Arran

Yesca

Ernai

Més per Mallorca

UDB

Plaid (Gales)

Organizacións nacionais asistentes na clausura:

A Mesa Pola Normalización Lingüística

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

Confederación Intersindical Galega (CIG)

Erguer. Estudantes da Galiza

Federación Rural Galega (FRUGA)

Unión da Mocidade Galega (UMG)