Crónica e imaxes das XXIV Xornadas de Verán

 

Imaxe da homenaxe a Moncho Reboiras

Malia que o tempo non acompañou, varias ducias de militantes de Galiza Nova participaron nas XXIV Xornadas de VeránGaliza Nova organizadas, desta volta, na Costa da Morte.

Desde o pasado venres até o domingo, puidemos coñecer máis polo miúdo esta comarca galega e as súas problemáticas con actos como a subida reivindicativa ao Monte Pindo ou coas diversas charlas nas que se nos falou das actividades levadas a cabo polo nacionalismo desta zona. Bieito Lobeira – Responsábel de Organización do BNG-, Rafael Mouzó -ex- alcalde de Corcubión-, Merche Díaz – Tenente alcaldesa de Carnota e secretaria da Confradía de pesca do Pindo- ou Manuel Gago -xornalista e profesor da USC-, entre outras/os, conseguiron aumentar o interese por saber máis dos proxectos nos que se ven ou viron envoltas/os. Pero a festa e o bo ambiente tampouco quedarón atrás! O concerto dos Tres Trebóns e de TantoNosTen fixeron que a xente da Costa da Morte comezaran a brincar sen parar!

En definitiva, moitos proxectos interesantes, moita reivindicación, pero tamén moitas gañas de seguir traballando por unha Galiza Soberana! Aquí deixamos a nosa galería de imaxes desta fin de semana: