Crónica da XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova

A XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova elixiu este sábado a Alberte Fernández Silva como novo  Secretario Xeral co 98,5% dos votos a favor. A candidatura presentada á Dirección Nacional, integrada por 50 mozas e mozos, foi elaborada desde as bases e de maneira plural, contando con máis mulleres que homes.

20161126_204159O encontro caracterizouse polo compañeirismo e polo debate para mellorar o traballo e o activismo da organización xuvenil do BNG. O exercicio da autocrítica, detectando os erros e pondo en valor os acertos, desenvolveuse durante a sesión da mañá, finalizando coa aporbación por unanimidade do informe político da Dirección Nacional.

Xa pola tarde, houbo un amplo confronto de ideas para definir entre todas a nova estratexia xuvenil nacionalista. Neste sentido, as teses foron aprobadas por unanimidade. A través delas, Galiza Nova analiza a situación da mocidade galega, detectando as causas e culpábeis (sistema capitalista e sometemendo de Galiza polo réxime español) e dotouse para os vindeiros anos dunha nova estratexia xuvenil nacionalista e un proxecto para unha acción política e social revolucionaria en favor da independencia de Galiza e da conquista dun futuro digno para a mocidade, con traballo, dereitos sociais e liberdades, e das alternativas programáticas que a mocidade de hoxe precisa nas vilas e cidades, no ensino, para a creación de traballo digno e na terra, para a superación do machismo e do heteropatriarcado….

A estratexia aprobada reafirma a Galiza Nova como ferramenta chave para aglutinar a mocidade, ampliar a conciencia nacional das persoas máis novas e proporcionarlles unha organización útil para defenderse, plural, aberta e unitaria, ao tempo que marca coma imprescindíbel dinamizar e axilizar a estrutura da organización, aumentar o activismo e o traballo social e político en todas as frontes. Nesta liña tamén se destaca como fundamental relacionar os problemas e intereses diarios da mocidade galega co ideario nacionalista, onde se atopa a resposta a todos eles.

Logo dun debate rico grazas á masiva participación de militantes e simpatizantes de Galiza Nova, Alberte Fernández afirmou na clausura da Asemblea Nacional que “o nacionalismo é a alternativa para os problemas do día a día da mocidade galega”. Galiza Nova comeza unha nova etapa, na que se marca como obxectivo relanzar o BNG entre a mocidade. Na súa intervención na sesión de clausura, Fernández Silva recoñeceu que Galiza Nova representa o proxecto do nacionalismo xuvenil para a mocidade galega de hoxe, un proxecto vivo e colectivo para construír unha Galiza para a mocidade, onde o traballo digno sexa unha realidade e a emigración cousa do pasado.

DIRECCIÓN NACIONAL DE GALIZA NOVA

A nova Dirección Nacional electa (co 98´5% dos votos a favor) conxuga militancia con experiencia na loita e activismo con ampla renovación con mozas e mozos atendendo o rexuvenecemento que viviu a organización neste período, mais tamén aproveitando a experiencia adquirida neste período.  As 10 primeiras persoas forman parte da Comisión Permanente de Galiza Nova.

1.- Alberte Fernández. Novo Secretario Xeral de Galiza Nova. Pontevedrés, 23 anos, graduado en Historia e especializado en Historia Contemporánea. Participou no movemento estudantil nacionalista a través dos Comités e a Liga Estudantil Galega. Actual responsábel comarcal de Galiza Nova en Pontevedra e membro do Consello Comarcal do BNG.

20161126_2029482.- Olalla Rodil, Ribeira de Piquín. Deputada do BNG no Parlamento Galego e xornalista. Actual responsábel de Internacional de Galiza Nova.

3.- Claudia Quintela, Gondomar. Estudante de Filosofía. Participa no movemento estudantil nacionalista en Compostela.

4.- Miguel Bouzó, Ponteareas. Implicado no asociacionismo local e actual responsábel de Organización de Galiza Nova.

5.- Rebeca Cambeiro, Ordes. Estudante de antropoloxía, participou na Liga Estudantil Galega e é activista feminista.

6.- Adrián R. Bravo, Vigo. Traballador do sector da dependencia e militante da CIG.

7.- Navia Rivas, Boimorto. Doutoranda en filosofía, música. Membro do Consello Nacional do BNG.

8.- Alberte Calo, Ribeira. Profesional do sector do audiovisual. Actual responsábel de organización comarcal de Galiza Nova en Compostela.

9.- Elvira Blanco. Bióloga. Actual responsábel comarcal de Galiza Nova na Barbanza, responsábel local do BNG en Ribeira, e membro do Consello Nacional da fronte patriótica.

10.- Iria Carreira, Arzúa. Médica e activista no movemento feminista.

11.- Marcos Vilamor Pérez,  Compostela

12 Jessica García Cruz, Vigo

13 Andrés Blanco López, O Salnés

14 Sabela Bará Louro, Pontevedra

15 Alexandre Louzao Carreira, Vigo

16 Alba García Sánchez, Monterrei

17 Xocas Bermello Corominas, A Coruña

18 Sara Freiría, Baixo Miño

19 Alberto Oubiña Piay, Pontevedra

20 Iria Buide Pena, Lugo Centro

21 Marcos Fernández  Rodríguez, Ourense – O Carballiño

22 Marta Antonio Domínguez, O Condado

23 Brais Igrexas Espantoso, Ferrolterra

24 Antía Ínsua Lema, Costa da Morte

 

Estiveron presentes as seguintes organizacións xuvenís internacionais:

Juventude Comunista Portuguesa (Portugal)

Juventude do Bloco de Esquerda (Portugal)

UDB Jeunes (Bretaña)

 

Saúdos recibidos:

Juventud del Partido Socialista Unido de Venezuela

Plaid Cymru Ifanc Youth (Gales)

Sinn Féin Republican Youth (Irlanda)

Gazte Abertzaleak (Eushal Herria)

Assemblees de Joves Per la Unitat Popular (Països Catalans)

Juventuts d´Esquerra Republicana de Catalunya (Països Catalans)

Scida Giovunus Independentistas (Sardeña)

Sanca Venetta (Venetto)

Mocidade da Alianza Libre Europea

Contamos tamén cun saúdo do compañeiro Hassanna Aalia, mozo e activista saharaui.

 

Organizacións nacionais asistentes na clausura:

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

A Mesa Pola Normalización Lingüística

Mocidade Pola Normalización Lingüística

Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)

Associaçom Galega da Língua (AGAL)

Asociación Socio-Pedagóxiga Galega (ASPG)

Briga

Confederación Intersindical Galega (CIG)

Erguer. Estudantes da Galiza

Federación Rural Galega (FRUGA)

Fronte Obreira Galega (FOG)

Isca

Marcha Mudial das Mulleres

Organización Galega de Comunidades de Montes

Partido Comunista do Povo Galego (PCPG)

Plataforma Galega pola Defensa do Ensino Público

Unión da Mocidade Galega (UMG)