Debate sobre como combater o fascismo en Pontevedra

O vindeiro sábado, 15 de decembro, estaremos conversando con Duarte Correa, analista de política internacional, e Pablo Blanco, militante de Galiza Nova e mozo agredido a pasada semana por un grupo de fascistas polo feito de levar símbolos nacionais. Terá lugar na Casa da Luz(Praza da Verdura) en Pontevedra, a partir das 18:30.

Nesta charla-coloquio analizaremos as causas e os motivos do auxe fascista nos últimos tempos como se pode ver reflictido en moitos casos. Tanto a nível europeo coa incorporación de novas forzas políticas neonazis ou neofascistas, os resultados electorais en Andalucía no ámbito do Estado español, e sen ir máis lonxe pola agresión fascista ben recente producida nas rúas do noso país a un compañeiro da nosa organización.

Por estes, e outros motivos, debateremos tamén sobre as medidas que podemos levar a cabo para frear esta escalada da ultradereita e organizar a resposta antifascista na Galiza.