Defendamos o dereito ao aborto

fMobilízate esta tarde coa Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. As mozas nacionalistas declarámonos insubmisas e en rebeldía fronte as políticas machistas do Partido Popular, que non recúa na súa ofensiva contra o dereito das mulleres de 16 e 17 anos a decidirmos sobre o noso propio corpo. Continúan a impoñernos a maternidade e a pretender decidir por nós en temas persoais como o dereito ao aborto. A decisión do goberno español supón unha involución gravísima que trae de novo á lexislación unha ideoloxía descaradamente fascista e que responde con clareza aos intereses de organizacións ultra-conservadoras.

Concentracións ás 20 horas en:

-Vigo: Farola de Urzáiz.
-Compostela: Praza 8 de marzo.
-Pontevedra: Pazo da Cultura.
-A Coruña: Teatro Rosalía de Castro.
-Ourense:Subdelegación do Goberno.
-Ferrol: Praza do Concello.