Na defensa da Terra!

mina non compostelaEste 5 de xuño, Día Mundial do Medioambiente, como cada día do ano, denunciamos as agresións ao planeta e ao noso País; agresións da man de empresas e de intereses comerciais que explotan recursos naturais de territorios no mundo como o da nosa Nación para enriquecemento duns poucos.
Queremos pór de relevo unha vez máis a pouca estima que a sociedade en que vivimos lle ten ao mundo de hoxe, a pesares de dependermos do mesmo, falamos do mal que a sociedade trata á terra, a pesares de dependermos dela, falamos do pouco que o mundo lle preocupa á sociedade, a pesares de dependermos del.

Moitos son os atentados ecolóxicos como o uso de químicos na fumigación de montes, a contaminación das rías… mentres a Xunta de Galiza desenténdese, cando non é cómplice destas agresións, e condena ao noso medio a unha situación de total desprotección.

Dende Galiza Nova consideramos imprescindíbel a concienciación ambiental no día a día, sexa por medio da reciclaxe, da difusión e práctica do respecto polo medio natural ou polo desfrute do mesmo, así como tamén é moi necesario defender os noso territorio fronte aos ataques de empresas internacionais que contan co beneplácito do goberno do PP na Xunta de Galiza.

A mocidade galega na defensa da Terra!