Democracy and European Emerging Values

cover-efay-book-270x340Achegámosche este libro colectivo de mocidade activista dos pobos de Europa, no que participa o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, cun artigo baixo o título SOVEREIGNTY TO BUILD A GALIZA WITH THE PROMISE OF WORK AND A FUTURE FOR OUR YOUNG PEOPLE .

Este libro, publicado polo Centro Maurits Coppieters Mocidade da Alianza Libre Europea, compilou textos de máis de 17 persoas mozas activistas e académicas para reflexionar sobre o futuro dos pobos de Europa e as súas emerxencias.

Nel, téntase definir desde distintas voces de mocidade de pobos de Europa, a autodeterminación e a súa necesidade como dereito universal. Nin máis, nin menos! E, así como coa democracia, os dereitos humanos, a igualdade de xénero e igualdade sexual, non debe haber ningún límite para calquera dereito universal. Aínda que fose ilegal, aínda permanecería un dereito universal.


Podes descargalo de xeito gratuíto premendo aquí ou ben dende estoutro enlace