Derrubando a cultura da violación en Compostela

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Compostela organiza o próximo mércores 23 de maio as 19:30 no bar Caldeirería unha charla-coloquio sobre a cultura da violación.

Nela falarase sobre o abuso, a obxectivación e a culpabilización que esta realidade supón para as mulleres, realidade respaldada polo sistema capitalista e patriarcal.

Por iso, desde Galiza Nova queremos concienciar e ter un espazo seguro no que debater sobre este tema de tanta actualidade;  a cultura da violación, para o que  contaremos coa presencia de Marga Corral, Secretaria de Mulleres da CIG, e de Argantael Kerdudo , responsable comarcal da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.