Desmontando os canons de beleza en Guitiriz

O vindeiro 28 de xaneiro a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova levará a cabo en Guitiriz un coloquio onde analizaremos e debateremos sobre os canons de beleza impostos e as agresións que estes supoñen contra os corpos das mulleres.

Nesta actividade contaremos con Fátima Fernández (militante de Galiza Nova) e Olalla Rodil, integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova e deputada do BNG no Parlamento Galego.

Agardamos por ti o sábado 28 de xaneiro ás 18:00h na Casa das Palabras de Guitiriz (Rúa do Concello s/n).

Insubmisas e Rebeldes, loitamos por unha Galiza feminista!

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.