Día da autodeterminación na Coruña

Queremos amosar a nosa postura crítica ante a celebración do día da Constitución Española. Todos os anos as institucións e os partidos españois celebran con ritualidade esperpéntica o aniversario da Constitución Española polo 6 de decembro. Durante máis de 30 anos considerouse un texto sagrado e intocábel, que serviu en grande medida para negar a existencia de varias nacións no Estado, e polo tanto, o dereito a decidiren e se gobernaren por si propias.

Galiza Nova organiza un acto coincidindo coa data do 6 de decembro.

Os poderes económicos, representados nos gobernos do Estado, da Xunta e do Concello da Coruña polo PP, están lanzados non só no desmantelamento dos dereitos, senón que tamén están empeñados nunha nova recentralización que merme aínda máis a cativa capacidade de autogoberno de Galiza.

As mozas e mozos de Galiza Nova, mocidades do BNG, hoxe, coma onte, polo dereito a decidir!

Inauguraremos a Praza da Autodeterminación e faremos unha entrega de billetes galegos de identidade. Estarán Xurxo Souto e Lois Diéguez!

O acto terá lugar o XOVES 6 ás 17:00 na Praza da Constitución (antiga Praza da Fariña), na Cidade Vella da Coruña.

Solicita o teu DNI galego (envíanos un correo cos teus dados e unha fotografía a acorunhagalizanova@gmail.com) e vén recollelo!