En galego sen límites

Dende Galiza Nova sumámonos á campaña da Mesa polo fin da discriminación á lingua galega.

Son múltiples os ataques que o noso idioma está a recibir por parte dos gobernos do Partido Popular e a LOMCE non vén a ser máis que a reafirmación das súas políticas galegófobas. Con esta lei de educación, as horas lectivas en galego sitúanse en clara inferioridade con respecto ao castelán durante o ensino secundario. Esta situación agrava a delicada posición da lingua despois da aprobación do Decreto de Plurilingüismo que xa limitara enormemente a súa presenza na educación, con medidas coma a eliminación do galego como lingua vehicular ou a obrigatoriedade de impartir as materias técnicas en castelán.

Enfrontámonos a unha realidade na que o galego ten escasa ou nula presenza nos diferentes ámbitos da vida pública, polo cal o mantemento destas leis resulta sangrante para o futuro do noso idioma. Por iso, dende Galiza Nova animamos a participar da campaña da Mesa pola Normalización Lingüística demandando unha nova lexislación en defensa da lingua. E neste sentido apoiamos tamén a folga convocada por Erguer. Estudantes da Galiza para o vindeiro 16 de febreiro en contra desta nefasta lei de educación.

Asina aquí

Camapaña da Mesa “En galego sen límites. Non aos recortes ao galego”