Encontro aberto de mocidade en Ponteareas

cartel asemblea mocidade sabadoConvidámoste a participar na asemblea aberta de mocidade que terá lugar en Ponteareas este sábado 23, ás 19 horas no café Onde Sempre (Rúa Redondela,8).

Vivimos tempos de emerxencia nacional e social! Mais co debate aberto, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e a participación seremos quen de construír futuro en Galiza para a mocidade.

Convidámoste a participar neste encontro aberto no que poderemos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Debate, propón, actúa.

Adiante Galiza coa mocidade!

Leave a Reply

Your email address will not be published.