Encontro de mocidade en Vilagarcía

encontro vilagarcia

Este sábado 11 agardámosvos na Praza de Galiza en Vilagarcía de Arousa!

Celebraremos un encontro coa mocidade ás 12:00 horas no que poderemos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Conversarán connosco Jásper e Helena Viñas, candidatas do BNG-NÓS ao Congreso. Ademais, intervirán Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova, e Montse Prado, Deputada do BNG no Parlamento Galego.Tamén contaremos coa actuación musical de Jásper, voclista de Nao.

Propoñamos entre todas e todos as mellores solucións para o noso pobo. Co debate aberto, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e a participación seremos quen de construír futuro en Galiza para a mocidade.

Leave a Reply

Your email address will not be published.