Como vive a mocidade galega a crise da COVID19

Brais, Traballador da hostelería afectado por un ERTE

No teu centro de traballo aplicouse algún ERTE?

Si, o ERTE foi a opción que máis soou nos derradeiros tempos e a miña empresa non foi menos.

Cres que o ERTE é a mellor solución?

Está claro que unha empresa vai buscar sempre que o seu balance a final de ano sexa positivo, entón tamén é lóxico que busquen que ferramentas lle proporciona o sistema.

Fálase moito de que os ERTES tamé protexen ás traballadoras, mais eu penso que non é do todo certo. Moitas das persoas suxeitas a ERTE deixamos de percibir ningún tipo de  ingreso, mais si tivemos gastos, luz, auga comida teléfono, internet, e púxose de manifesto a cantidade de xente que vive mes a mes. Que ocorre con toda a xente que quedou en negativo? Quen lle paga os custos que os bancos lle van impoñer por quedar ó descuberto?

Creo que hai que revisionar como son as relacións laborais e como estas non son garantía da autonomía das persoas. Mais ben son ó que se teñen que agarrar para seguir vivas.

No teu centro de traballo respéctanse as medidas de seguridade requeridas polo estado de alarma?

A verdade e que dende que se fala da desescalada e da volta á actividade si se nos comunicou cales serán as medidas de seguridade e hixiene novas, polo qu e aí non podo ter queixa.

Cres que se tomaron as decisións correctas dende as institucións competentes?

Creo que durante a parte máis dura da crise non cabía moito a crítica indiscriminada ás institucións, pois neste tipo de situación calqueira teriamos improvisado, non había precedentes. Mais si que criticaría dúas cuestións fundamentais, o non peche de Madrid, e a centralización de decisións.

A primeira, por moito que nos bombardeen con que non é así porque xa había confinamento, causou que se importaran casos de zonas como Madrid cara galiza por exemplo. Isto para min, pon de manifesto que o estado español é un estado moi feble, quero dicir, non se sostén a súa existencia sen esa idea de unidade e de Madrid centro do mundo, preferiron sacrificar todo o estado antes que Madrid. Non é máis que outra mostra do débil que é a idea país español, que nin durante unha crise destas características se pode permitir mostrar que Madrid é un pozo negro inventado para centralizarnos.

Isto lévanos á centralización que se deu nas cuestións como a sanitaria entre outras, esta o único que garantiu foi a lentitude de resposta ante o avance dos contaxios, outra mostra máis de que a centralización non pode ser un modelo para este estado.

Tamén penso que o discurso bélico militar das televisións daba moito noxo, lamento a palabra pero usaría algunha máis forte nun contexto máis coloquial. Isto faime preguntar por que cada vez que prendía a televisión veía imaxes de militares desinfectando mais nunca me cuadrou de ver cando desinfectaban os bombeiros, por exemplo. Penso que nos quixeron mandar unha mensaxe, militares ben, o resto mal, patético.

Que propostas terías ti?

É moi complexo que eu tivera actuado mellor, mais si que tería fechado Madrid si ou si, e no caso de non poder, nun mundo ideal Galiza tería capacidade de deicsión, tería blindado Galiza.  

Por suposto si coincido na decisión do confinamento e na paralización da economía, mágoa que dentro do sistema capitalista non se poida poñer a saúde das persoas acima das necesidades económicas dos mercados, seguramente desta volta non nos digan que vivimos por enriba das osas posibilidades se non que, debemos estar unidos e sacrificarnos para o ben común, mentres uns seguen a facer caixa e aplicando ERTES. Respecto a isto non tería permitido que ningunha emgran empresa puidera acollerse a un ERTE, nomeadamente ningunha do IBEX35.

Que perspectiva de futuro tes?

A nivel laboral quédanos un panorama moi desalentador por diante, se cadra ven acompañado dunha crise do sistema o cal sería positivo, reprantexarnos que tipo de mundo e de relacións laborais entre nós queremos. O tempo dirá como se van desenvolvendo estes meses máis inmediatos, mais si que animaría a todo mundo, nomeadamente á mocidade a non pèrmitir non só que se devaluen os nosos dereitos, se non que vaiamos a por todas, a acadar dereitos novos e a forzar ó sistema. Agora máis que nunca van precisar da forza de traballo da xente para arranxala economía, forcemos nós esa economía para que saiban que sen nós nin se produce nin se consume.

Leave a Reply

Your email address will not be published.